LIII TRAVESIA AL DIQUE
53 TRAVESIA AL DIQUE
Marina Coruña ( Puerto de A Coruña),  25 de Julio de 2025
Abiertas las inscripciones para participar en la LIII TRAVESIA AL DIQUE .
La competición tendrá lugar a lo largo del Dique en el Puerto de A Coruña el 25 de Julio a las 11.00 horas.
La Salida y la Llegada se realizarán en las instalaciones de Marina Coruña en el dique.
La competición está organizada por el Club Natación Coruña con la colaboración del Ayuntamiento de A Coruña y está incluida en la X Copa de España de Aguas Abiertas de la Federación Española de Natación y en el XXI Circuito «Arzúa-Ulloa» de Aguas Abiertas de la Federación Gallega de Natación.
 Contamos con tod@s!!!
LIGA GALEGA BENXAMIN
6ª XORNADA LIGA GALEGA BENXAMIN
Carballo, (C.Calero), 31 de Maio de 2025
O vindeiro sábado celebrarase na Piscina C. Calero de Carballo, a sexta xornada da liga Galega Benxamin.
Participarán 6 clubs da Zona A Coruña- Carballo.
A competición dará comezo ás 17.00 horas con quecemento a partir das 15.45.
ANIMO A TOD@S!!!
 
MEMORIAL JUAN VARELA
MEMORIAL JUAN VARELA
Ferrol ( Batallones), 24 de Maio de 2025
Gran actuación do Club Natación Coruña no XLV Memorial Internacional Juan Varela!
Queremos destacar a Pablo Gómez, que acadou un fantástico 5º posto na clasificación por puntos FINA, conseguindo así un agasallo de 50€. Parabéns, Pablo!
O resto do equipo tamén brillou, repetindo marcas persoais e, nalgúns casos, quedando moi preto das mínimas nacionais.
O último ciclo da tempada xa está en marcha… A seguir adestrando con forza e ilusión!
ANIMO A TOD@S!!!
LIGA GALEGA ALEVIN
6ª XORNADA LIGA GALEGA ALEVIN
Carballo, (C.Calero), 24 de Maio de 2025
 Os nosos alevíns  participaron onte na 6ª xornada da Liga Alevín, organizada por ADFOGAR, en Carballo (C. Calero).
Unha gran experiencia onde seguiron medrando, aprendendo e desfrutando da natación.
Noraboa a todo o equipo!
 
 
FASE FINAL LIGA DE CLUBS
LIGA DE CLUBS FASE FINAL
17 de Xunio de 2025
O CNC É  DE PRIMEIRA! 🚀
O Club Natación Coruña conseguiu este 17 de maio de 2025 o ascenso á Primeira División da Liga Galega de Clubes, nunha emocionante Fase Final celebrada en Riazor.
Un logro froito do esforzo, da constancia e do espírito de equipo das nosas nadadoras e nadadores, do equipo técnico e do apoio constante das familias, patrocinadores e institucións.
Grazas a todas e todos os que o facedes posible!
Este ascenso é moito máis ca un éxito deportivo: é un paso adiante no crecemento do noso club e unha celebración para toda a cidade.
Queremos felicitar tamén ao Casino da Coruña (@cncasinocoruna ) polo seu merecido ascenso, e enviar unha aperta de ánimo ao Náutico de Narón (@nauticonaron ), que a pesar de non acadar o ascenso, demostrou un altísimo nivel competitivo.
Seguimos nadando xuntas e xuntos cara a novos retos!
#LigaGallegaDeClubs #NataciónGalicia #FaseFinal #Riazor #OrgulloDeClub #somosdeagua #acoruña #fundacionemalcsa #diputacióndeacoruña #concelloacoruña
TROFEO CONCELLO DE OLEIROS

O CNC mellor club e 5 medallas na disciplina de Natación Artística.

O pasado sábado 10 de maio, o equipo de natación artística do Club Natación Coruña proclamouse mellor club no X Trofeo Concello de Oleiros, nunha destacada xornada chea de emoción e éxitos.

As nosas nadadoras acadaron un total de 5 medallas, demostrando unha vez máis o gran nivel técnico e artístico do equipo:

 2 Medallas de Ouro (equipo benxamín e acrobática junior)
 3 Medallas de Prata (combo benxamín, combo infantil, combo prealevín)

Este resultado reafirma o excelente traballo que se está a facer desde a sección de natación artística, tanto por parte das deportistas como do equipo técnico, e supón un paso máis no crecemento desta disciplina dentro do club.

 Parabéns a todas as nadadoras e adestradoras polo esforzo, compromiso e paixón que amosan cada día!

#NataciónArtística #TrofeoOleiros #CNC #OrgulloDeClub #SomosEquipo