¿Cómo ser Socio?

  • El artículo 6 de los estatutos del Club regula los derechos y deberes de lo socios.
  • En el artículo 7 explica las condiciones para ser admitido como socio del club en todas las modalidades.

Específicamente en el artículo 7 apartado 2 dice lo siguiente:

Para ser admitido como socio en cualquiera de sus modalidades, será necesario:

1.-…

2.- Solicitud por escrito dirigida a la Junta Directiva.

3.-…

Por lo tanto, para ser dado de alta como Socio, es necesario enviar por cualquier medio a la Secretaria del Club una solicitud por escrito en que se manifieste la intención de pertenecer como socio a la entidad con todos los derechos y obligaciones, y formar parte de alguno de los equipos de competición del Club* en sus diversas modalidades.

* En la temporada 2021 – 2022 mayores del año 2007 en Natación y Natación Artística. siempre que formen parte de los equipos de competición.

* Para ser dado de alta como socio de número es imprescindible un año de antigüedad en el club como mínimo.

ESTATUTOS DO CLUB NATACIÓN CORUÑA

(Anovados na Asemblea Extraordinaria do 19 de Decembro de 2013

Capítulo I

Normas Xerais:

Artigo 1º:

O Club Natación Coruña é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con domicilio en la Comunidade Autónoma de Galicia,  que ten como obxecto primordial o fomento e o impulso da practica continuada dunha o varias modalidades deportivas, así como a participación continuada en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o nivel do destinatario.  

Artigo 2º:

O Club Natación Coruña practicará como principal modalidade deportiva a de Natación, se afiliará a la Federación Española de Natación e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia.

O Club Natación Coruña practicará así mesmo as modalidades deportivas de Waterpolo, Natación Sincronizada, Triatlón e Tenis e para tal fin funcionarán as seccións deportivas correspondentes, sen prexuízo de que a Asemblea Xeral poida acordar a creación doutras.

Artigo 3º:

O Domicilio Social do Club Natación Coruña fixarase na rúa Paseo del Parrote s/n – La Solana. Codigo Postal: 15.001. Concello de  A Coruña. Provincia de A Coruña. Teléfono: 981207170, Fax: 981207170, Correo electrónico info@cncoruna.com.

O Presidente cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que terá que ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

En ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá que ser notificado aos socios, e ó Rexistro de Entidades  Deportivas de Galicia.

Capítulo II

 Clases de Socios,Admisión, Dereitos e Obrigacións:

Artigo 4º:

O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan  razóns de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

Artigo 5º:

Son socios de número todas as persoas maiores de idade, que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.

Os menores de 18 anos, clasificaranse como socios aspirantes, tendo dereito ao uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ó cumpriren a maioría de idade.

Serán socios honorarios aquelas persoas as que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.

Son socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.

Artigo 6º:

1.- Os socios de número terán os seguintes dereitos:

  1. Contribuír ó cumprimento dos fins específicos da asociación.
  2. Esixir que a asociación se axuste ó disposto na normativa autonómica deportiva e ó establecido no presente Estatuto.
  3. Separarse libremente da asociación.
  4. Coñece-las actividades da Asociación e examina-la súa documentación, previa petición razoada ó Presidente.
  5. Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.
  6. Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

2.- Son obrigacións dos socios de número:

  1. Aboa-las cotas que esixa a Asemblea Xeral.
  2. Contribuír ó sostemento e difusión do deporte ou modalidades Deportivas.
  3. Acatar cantas disposicións dicte a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou Presidente, para o bo goberno da sociedade.

3.- Os socios aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servicios e instalacións sociais da Asociación.

4.- Os familiares dos socios de número terán dereito a aproveitarse daqueles servicios e instalacións que se determinen, previo pago da cota fixada.

Artigo 7º:

Para ser admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:

  •  Te-la idade sinalada para cada unha delas.
  •  Solicitude por escrito dirixida ó presidente.
  •  Satisface-la cota de ingreso correspondente.

Artigo 8º:

A condición de socio pérdese:

  • Por vontade propia.
  • Por falta de pago das cotas sociais durante tres meses consecutivos, previo requirimento de pago, e consecuente Resolución do Presidente.
  • Por acordo do presidente no seu caso, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia do interesado, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea xeral que se celebre.
  • Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

 Capítulo III

Órganos De Representación e Goberno

Artigo 9º:

Son Órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral e o Presidente.

Artigo 10º:

O Presidente é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.

O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta.

Será elixido mediante sufraxio libre, directo, ou igual e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

Artigo11º:

O Presidente cesará por:

  1. Transcorre-lo prazo polo que foi elixido.
  2. Dimisión.
  3. Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.
  4. Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.
  5. Inhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción deportiva.

 Artigo 12º:

  1. Como órgano complementario dos de goberno e representación poderá haber unha xunta directiva que actuará como órgano colexiado da xestión do Club, e exercerá as funcións que este estatuto lle confire.
  2. Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente polo presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un secretario e un tesoureiro. Tódolos cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta.

 Artigo 13º:

  1. A Xunta Directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, e, en todo caso do Presidente.
  2. A Xunta Directiva convocarase polo Presidente con dous días de antelación como mínimo, á data de celebración.

A Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída, cando estean presentes tódolos seus membros, aínda que non houbera mediado convocatoria previa.

  1. En especial corresponde á Xunta Directiva:
  2. Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxecto social.
  3. Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación da Asemblea.
  4. Aplicar tódalas medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Club.

Artigo 14º:

O Secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación, redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o Libro de Rexistro de socios e o Libro de Actas.

Artigo 15º:

  1. O Tesoureiro da Xunta Directiva será o depositario da Asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade.
  2. Será obriga do Tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes da cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de tódolos asociados.

 Artigo 16º:

  1. A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club e estará integrada por tódolos seus socios de número.
  2. As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela, presentes ou representados, a maioría dos seus asociados. En segunda e ultima convocatoria media hora máis tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán que mediar, como mínimo dez (10) días naturais e non poderá transcorrer máis de vinte (20).

Artigo 17º:

A Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, ó menos, dos socios de número.

  1. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do presidente, polo menos unha vez ao ano para tratar das seguintes cuestións:
  2. Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
  3. Presuposto para o seguinte exercicio.
  4. Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.
  5. Proposicións que formulen os socios e que terán que ir asinadas ó menos, polo cinco por cento dos mesmos.
  6. Terá de se celebrar Asemblea Xeral Extraordinaria para a modificación de Estatutos, elección do Presidente, toma de cartos a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, enaxenación  de bens inmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou que se estime oportuno polo Presidente ou proceda legalmente.

 Artigo 18º:

Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos pesentes, requerindose  unha maioría cualificada e un quorum determinado de asistencia para aqueles asuntos que establezan os Estatutos. Serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuízo, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos correspondentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Capítulo IV

 Réxime Documental

Artigo 19º:

O réxime documental do Club, constatará dos seguintes libros: Rexistro de Socios, de Actas e Contables.

Artigo 20º:

No libro de Rexistro de Socios, terán que consta-los nomes e apelidos dos socios de número, o seu Documento Nacional de Identidade e, no seu caso os cargos de representación, goberno e administración que exerzan no Club. Tamén hanse especifica-las datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos cargos aludidos.

Artigo 21º:

No libro  de Actas, consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As Actas terán de estar asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.

Artigo 22º:

Nos Libros de Contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigacións, e ingresos e gastos do Club, debéndose precisa-la procedencia daqueles e a inversión ou destino destes.

 Réxime Disciplinario

Artigo 23º:

Os órganos e socios do Club estarán sometidos ó regulamento disciplinario do Club e ó disposto no Título VII da Lei 03/2012 Xeral do Deporte de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 24º:

Así mesmo o Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán fronte os socios, o Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionen por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e o Ordenamento Xurídico vixente.

Capítulo V

 Réxime Económico – Financeiro e Patrimonial

 Artigo 25º:

  1. No momento da creación do Club Natación Coruña según ún acta de 1942 non figura ningún patrimonio fundacional en non dispón de  instalacións nin locais propios.
  2. No futuro o patrimonio do Club estará integrado por:
  3. As apartacións económicas dos socios, que aprobe a Asemblea Xeral.
  4. As doazóns e subvencións que reciba.
  5. Os resultados económicos que pode producir as manifestacións físico-deportivas que organice a entidade.
  6. As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.

Queda expresamente excluído como fin do Club o ánimo de lucro e a totalidade de seus ingresos e beneficios aplicaranse ó cumprimento dos seus fins sociais.

Artigo 26º:

O Club poderá gravar e allear bens, mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Que se autoricen tales operacións por maioría de dous tercios dos socios presentes ou representados naAsemblea Xeral Extraordinaria.
  2. Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou a actividade físico-deportiva que constitúa o seu obxecto social. Para a adecuada xustificación deste extremo poderase esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno dictame económico – actuarial
  3. Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles que foran financiados en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

Artigo 27º:

O Club poderá emitir títulos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, que serán nominativos.

Os títulos inscribiranse nun libro que levará ó efecto o Club, no que se anotarán as sucesivas transferencias.

En tódolos títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, no seu caso, o interese e prazo de amortización.

Artigo 28º:

Os títulos de débeda so  poderanse subscribir polos asociados, e a súa posesión non conferirá dereito algún especial ós socios, agás a percepción dos intereses establecidos conforme á lexislación vixente.

Artigo 29º:

Os títulos de parte alícuota patrimonial teñen que ser asemade, subscritos polos asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.

Artigo 30º:

Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios.

Capítulo VI

Reformas dos Estatutos e Disolución do Club

 Artigo 31º:

Os presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derogar, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto, mediante votación favorable dos dous tercios dos socios de número asistentes.

A reforma  destes estatutos seguirá, con respecto ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os mesmos tramites administrativos que para a súa inscrición. 

Artigo 32º:

O Club extinguirase ou disolverase por acordo de:

  1. Dos dous tercios dos socios en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ó efecto
  2. Por sentencia Xudicial.
  3. Por outras causas legalmente determinadas.

En todo caso haberá que ser notificado ó Rexistro de Entidades Deportivas.

Artigo 33º:

Disolvido o Club, o remanente do seu patrimonio social, se houbera, aplicarase a fins análogos de carácter deportivo ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia

 

 

E