FIRMA DO CONVENIO CON EMALCSA
TEMPADA 24-25
Esta mañá tivo lugar, no Salón de Actos do Concello da Coruñá, o acto de firma dos Convenios de Deporte e Cultura Solidaria e Inclusiva que promove a Fundación Emalcsa.
En total foron 37 os proxectos presentados entre os que consta o de «Deporte Solidario e Inclusivo a través das Actividades Acuáticas» que organizamos cada ano desde o Club.
Todas as tempadas mais de 100 niñ@s de colectivos marxinais ou en risco de exclusión social participan nas nosas Escolas e Campamentos de forma gratuíta grazas ao presente Convenio.
Así mesmo o Club recibe unha axuda para o apoio ao Deporte de Base .
Agradecemos tanto ao Concello como á Fundación Emalcsa esta iniciativa que xa cumpre a súa XI edición.